Cargando resultados...
O Leyma aguanta tres cuartos pero tropeza co Estudiantes
Derrota por 88-80 por mor dun mal inicio do último cuarto no que recibiron un parcial de 15-4
G24.gal
17/12/2021 23:24
O Leyma Coruña non puido gañar na pista do líder Estudiantes, que lle saca logo deste partido tres triunfos de vantaxe ao conxunto galego.
O partido decidiuse no comezo do último cuarto logo de trinta minutos de máxima igualdade. Só hai que ver os parciais para decatarnos dese dato: 19-20, 39-39 e 61-61 co que principiou o derradeiro período.
Un parcial de saída de 15-4 foille dabondo a Estudiantes para rachar o encontro e encamiñar o seu décimo triunfo (88-80). O montenegrino Durisic estivo imparable con 25 puntos, boa parte deles nese último cuarto. No Leyma destacou Javi Vega con 17 tantos e 4 triplas.