Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno defende a "transparencia e rigor" do contrato para acceder aos fondos da UE

O Goberno defende a "transparencia e rigor" do contrato para acceder aos fondos da UE

A voceira do executivo acusa o PP de pór en dúbida a UE

Casado asegura que irá a Bruxelas se non se fai público esta semana

G24.gal 04/11/2021 14:59

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, asegura que a Unión Europea é "unha Administración moi esixente, absolutamente transparente e rigorosa" na negociación do contrato que recolle as condicións que ten que cumprir España para acceder aos fondos de recuperación.

O executivo responde así ao líder do Partido Popular, Pablo Casado, que, durante o debate dos Presupostos Xerais, afirmou que acudiría ao Parlamento Europeo e á Comisión se o documento non se fai público esta semana.

Para a portavoz do Goberno, "quen sosteña ese tipo de afirmacións, pon en dúbida a toda a institución que representa a UE".

O pleno do Senado, cos votos en contra só do PSOE, tamén lle pediu ao Goberno que envíe ás Cortes este documento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade