Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal comeza a controlar os principais lumes do centro e sur do país

Portugal comeza a controlar os principais lumes do centro e sur do país

Os bombeiros traballan aínda nas zonas afectadas e as autoridades manteñen o nivel de emerxencia en boa parte do país

G24.gal 11/07/2022 12:12

Varios dos focos que provocaron graves incendios durante os últimos días en Portugal quedaron controlados hoxe, mais os bombeiros traballan aínda nas zonas afectadas e as autoridades manteñen o nivel de emerxencia en boa parte do país.

Máis de mil bombeiros combaten hoxe 30 focos, principalmente no centro e no norte, con especial incidencia nas zonas de Santarém, Leiria e Vila Real. Unha das maiores ameazas declarouse o xoves en Ourém, na rexión Centro de Portugal, pero o lume atópase hoxe "dominado".

Tamén controlados están os incendios de Pombal (Leiria) e a fronte que ameazaba a localidade de Canedo, en Vila Real, despois de arrasar 200 hectáreas de bosque de piñeiro. As autoridades manteñen a declaración de emerxencia, que se estenderá inicialmente ata o venres.

Temperaturas de máis de 40 graos, ventos fortes e tormentas secas agravan o risco de incendios practicamente en todo o país. "Os factores naturais concorren cara a un risco máximo" para os próximos días, alertou este domingo o presidente de Portugal Marcelo Rebelo de Sousa.

O Goberno de António Costa activou o Mecanismo Europeo de Protección Civil, a través do cal España enviou dous avións pesados anfibios, que se uniron o domingo aos 60 que combatían as chamas en Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade