A Toxa acollerá o seu anual foro de debate entre o 2 e o 4 de outubro
Entre os seus interlocutores estarán o exprimeiro ministro israelí Ehud Olmert ou o politólogo e xadrecista Kasparov
Este ano o premio do fundador, Josep Piqué, é para os pais da Constitución que seguen vivos, Miguel Herrero Rodríguez de Miñon e Miquel Roca
E xa hai data para o Foro de Debate da Toxa, será do 2 ao 4 de outubro, e nel analizarase a convulsa situación internacional. Entre os seus interlocutores estarán o exprimeiro ministro israelí Ehud Olmert ou o politólogo e xadrecista Kasparov.
Este ano o premio do fundador, Josep Piqué, é para os pais da Constitución que siguen vivos Miguel Herrero Rodríguez de Miñon e Miquel Roca. Todas as xornadas poderán seguirse na Televisión de Galicia na G2 e nas canles dixitais.
"Defendemos a multilateralidade para defender os problemas entre os países, sempre consenso, intentamos e creo que o conseguimos que o foro sexa un lugar de debate sosegado onde se buscan máis os acordos que os desacordos", explica Amancio López Seijas, presidente da Fundación La Toja.