Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril gaña o derbi pola promoción de ascenso en Abegondo (2-1)

O Fabril gaña o derbi pola promoción de ascenso en Abegondo (2-1)

Un gol de Luisão e outro de Alfaro lanzan de terceiro o filial do Deportivo

Acurtou diferenzas Pachón, pero o Bergantiños non puido empatar

G24.gal 05/04/2025 19:00

O Fabril venceu o Bergantiños en Abegondo e colocouse momentaneamente de terceiro, a falta de varios partidos dos seus rivais directos, e cun calendario teoricamente accesible nas últimas catro xornadas da liga regular. O Bergantiños queda de sexto, pero mantén todas as opcións de meterse na promoción.

O Fabril comezou coas ideas claras, con senllos balóns longos ao espazo que colleu Kevim, pero que non puido precisar de cara á portería de Santo Canedo. O Bergantiños tardou dez minutos, pero tamén avisou con perigo, nun balón de Remeseiro a Pachón que o dianteiro estrelou no pau de Alberto. E, despois, outro balón para Kensly acabou cun remate arriba.

Quedaba atinar entre os paus, e evitouno pouco despois Marotías, cun rexeitamento no que os de Carballo pediron penalti por mans. E tampouco atinou Kensly á saída dunha falta, cun remate que estrelou no traveseiro.

E, cando mellor estaba o Bergantiños, o Fabril abriu o marcador cunha xogada colectiva que comezou Alberto e que culminou Luisão cun remate raso. 1 a 0 e vantaxe local, cos últimos intentos do Bergantiños, especialmente a balón parado, que marchaban desviados.

A segunda metade comezaba con novos avisos do conxunto visitante, nunha boa xogada persoal de Tiago, que rematou fóra, e noutro remate de Antañón, con parada de Alberto. E, como acontecera na primeira, volveu golpear o Fabril, outra vez cunha grande acción colectiva á contra, que lanzou Kevin, e culminou Alfaro co 2-0.

O Bergantiños non se deu por vencido, e lanzouse á busca dun tanto que o metera no partido. Este chegou no 81, nun balón de Álex Ramos que lle caeu a Pachón, cun remate axustado lonxe do alcance de Alberto. Quedaban dez minutos, pero o Fabril mantivo a súa renda para acadar un importante triunfo, que o deixa momentaneamente na terceira praza, e con cinco puntos de renda para disputar o play off. Os de Carballo quedan na sexta praza, pero manteñen as opcións de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade