O ex-xogador do Celta José Manuel Espinosa falece aos 66 anos
Defendeu a camiseta celeste entre 1988 e 1991

O Celta expresou este mércores o seu pesar polo falecemento aos 66 anos do seu exfutbolista José Manuel Espinosa Gómez, que pertencera ao club durante tres tempadas, entre os anos 1988 e 1991.
"Dende o R. C. Celta lamentamos profundamente a perda de José Manuel Espinosa, xogador do Celta nos anos 80 e 90. Enviamos ou noso máis sentido pésame e agarimo aos seus familiares e achegados. D. E. P." pódese ler nas redes sociais do club celeste.
Dende o R. C. Celta lamentamos profundamente a perda de José Manuel Espinosa, xogador do Celta nos anos 80 e 90.
— Celta (@RCCelta) October 15, 2025
Enviamos o noso máis sentido pésame e agarimo aos seus familiares e achegados.
DEP. 🖤 pic.twitter.com/cgwuBxABRJ
Naceu en San Bartolomé de las Abiertas (Toledo) o 28 de xullo de 1959, Espinosa chegou ao Celta desde o Spórting de Xixón, onde xogara seis tempadas consecutivas en Primeira, aos 29 anos. Tivo gran protagonismo nos seus dúas primeiras campañas, superando os 3.000 minutos ás ordes de Novoa -que xa o dirixiu no club asturiano- e na primeira tempada, e do mesmo técnico máis Villar, Delfín Álvarez e Maguregui, na segunda, na que perderon a categoría.
Foi compañero de vestiario durante os seus anos como céltico de grandes nomes propios do club como Maté, Vicente, Atilano ou Jorge Otero, Espinosa debutou co Celta o 4 de setembro de 1988, nun triunfo en Balaídos fronte ao Cádiz (3-2).
A súa despedida foi en Orihuela (1-1), no último compromiso do curso 1990/1991. Chegara a ser internacional sub-21 coa selección española.