Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Español cesa o vigués Diego Martínez e anuncia a Luís García

O Español cesa o vigués Diego Martínez e anuncia a Luís García

O conxunto catalán suma catro derrotas seguidas, unha delas contra o Celta

G24.gal 03/04/2023 15:34 Última actualización 03/04/2023 15:43

O Español fixo oficial este luns cun comunicado a destitución de Diego Martínez como adestrador do primeiro equipo despois dos malos resultados da escuadra, tras o acordo alcanzado entre todas as partes.

O cadro catalán está inmerso na peor serie da tempada con catro derrotas seguidas -Valladolid (2-1), Real Madrid (3-1), Celta de Vigo (1-3) e Xirona (2-1)- e a entidade branco e azul considera que un cambio no banco era necesario.

O Español sinalou que os resultados son o que levou á entidade para tomar esta decisión. O club, ademais, non escondeu que a loita do equipo é agora conseguir a "continuidade na categoría". Para elo asinou o ex xogador do club Luís García como técnico. Moi querido pola afección pero sen experiencia na elite. 

O vigués Diego Martínez chegou á entidade catalá en maio de 2022 despois da destitución de Vicente Moreno como responsable do equipo. Na súa etapa como branquiazul, o técnico logrou  seis vitorias, nove empates e doce derrotas.

No comunicado, o Español agradeceu a profesionalidade de Diego Martínez durante estes meses no club e deséxalle os mellores éxitos persoais e profesionais.

Diego Martínez despediuse en conferencia de prensa:

"Este proxecto debeu comezar noutro punto e máis lento"

"Asumo a miña responsabilidade. Respecto a decisión do club pero non a comparto"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade