Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino perde o tren europeo nos últimos catro minutos

O Ensino perde o tren europeo nos últimos catro minutos

Gañaba por 51-57 na pista do Kangoeroes a catro minutos para o final pero recibe un parcial de 13-0 que complica moito o pase ás eliminatorias

G24.gal 25/11/2021 22:07

O Ensino terá moi complicado pasar ás eliminatorias na competición europea logo da derrota na pista do Kangoeroes de Malinas por 64-57. As lucenses dominaban o partido a catro minutos para o final (51-57) pero recibiron un parcial de 13-0 final que resultou demoledor. 

Durante o primeiro cuarto houbo moita igualdade, con constantes empates, que nos deixou un parcial de 18-18. No segundo, o Ensino colleu o mando da man de Alessandra Orsili. A italiana anotou nove puntos no cuarto e o conxunto galego foise de seis puntos (21-27, 25-31) ata o definitivo 30-36. 

Comezou o terceiro período cunha máxima vantaxe de +8 pero entón chegou o primeiro curtocircuíto. Foron cinco minutos sen anotar unha canastra en xogo e as belgas fixeron un 13-1 que lles permitiu coller o mando do partido (43-39). Sorte que reaccionou o Ensino e acabou igualando a 47. 

O último cuarto levouno o Ensino dun xeito inmellorable durante seis minutos (49-54 e 51-57), pero nos últimos catro estragou o traballo de todo o partido. Agora terá que gañar na pista do Valencia e agardar que Malinas perda na derradeira xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade