Publicador de contidos
Publicador de contidos

O domingo comeza o Entroido galego co Fareleiro en Xinzo

O domingo comeza o Entroido galego co Fareleiro en Xinzo

Este ano o Concello non repartirá os máis de 500 quilos de fariña que acostumaba para evitar aglomeracións

A incerteza nótana ben as modistas, que hoxe terían que estar a tope de traballo e non teñen nin a metade de encargas de disfraces que antes da pandemia

G24.gal 04/02/2022 14:12

Este domingo comeza formalmente o Entroido na provincia de Ourense. En concreto en Xinzo de Limia, onde se vai celebrar un Domingo Fareleiro cando menos diferente ao doutros anos. O reloxo tería que estar rematando a conta atrás máis emocionante en Xinzo. Pero mañá á medianoite non haberá Petardazo.

O Fareleiro, este domingo, é o primeiro do Entroido de Xinzo, o máis longo da península, pero este ano o concello non repartirá os máis de 500 quilos de fariña que acostumaba.

Será, polo menos iso pretenden dende a comisión, un Entroido máis pequeno, máis de día, sen orquestras, nin desfile o martes para evitar multitudes.

A incerteza nótana ben as modistas, que hoxe terían que estar a tope de traballo e non teñen nin a metade de encargas de disfraces que antes da pandemia. Sen disfraces novos, este ano botarán man do fondo de armario, que en Xinzo non é pequeno.

Moitísimas ganas de vivir un Entroido, coma os de sempre, pero este ano tocará facelo con máis temperanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade