Máis tempo e máis gasto, o desvío pola N-VI supón un novo atranco para os transportistas
Os condutores de camións estiman que o traxecto dura agora media hora máis
A volta que hai que dar supón máis gasto en combustible nun momento en que os prezos están disparados
Uns 10.000 vehículos diarios eran os que pasaban a diario pola A-6 e que agora se desvía por Pedrafita, entre os máis afectados, os transportistas.
"Eu paso todos os días, un veño e outro volvo, e agora no verán vanse montar moitos atascos", asegura un deles.
Atascos, máis quilómetros e circulación lenta que supón para eles máis tempo, máis consumo e máis gasto.
"Máis tempo e hai que pensar tamén no combustible ao prezo ao que está agora. Frear e acelerar cun vehículo destes supón bastantes euros", lamenta o condutor dun camión.
Sinalan que o desvío supón unha media hora máis de tempo e falan tamén do perigo do novo traxecto.
"Máis consumo e máis perigo porque nos cruzamos os camións", explican. "Levamos unhas 25 toneladas e iso para subir nótase", advirten.
As ramplas e xiros complican a circulación e suman gastos. José Fernández, vicepresidente de Tradime é claro: "O gasto vaise incrementar porque coas pendentes o custo aumenta moito".
Sinalan ademais que non hai alternativa viable para evitar este novo traxecto que adiantan caro e perigoso.