Lucas Pérez baixa dúas categorías e xa é xogador do Deportivo
Asume a metade do montante da operación do traspaso, cifrado nun millón de euros
Lucas Pérez xa é xogador do Deportivo. O coruñés, que marcou o gol do empate do Cádiz diante do Almería no treito final do partido, amosou desde hai tempo o seu desexo de vir para A Coruña, pero nas últimas horas as negociacións intensificáronse e o resultado é a culminación dunha operación na que o xogador puxo moito da súa parte.
Ata tal punto se implicou na operación que non hai precedentes no mundo do fútbol de que un xogador pague unha parte do seu traspaso para baixar dúas categorías.
O Neno volve a casa https://t.co/hIiyPKs9Eb Grazas polo teu total compromiso #Deportivista, @LP10oficial! 💙 #ONosoCompromiso pic.twitter.com/r6Qt53eI08
— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 31, 2022
Lucas Pérez asume unha cantidade cercana ao medio millón de euros e o Deportivo pagará unha cantidade que estaría en torno a ese medio millón de euros en tres prazos.
Outro movemento que axuda a comprender a cercanía do desenlace é a nova que confirmou o Deportivo nas últimas horas co acordo con Gorka Santamaría, dianteiro que non respostou ás previsións, para marchar do club.
#OSNOSOS | Gorka Santamaría non continuará no RC Deportivo https://t.co/iZVL3azQND Moitas grazas e moita sorte, @GorkaSanta! pic.twitter.com/gmyeVnURKf
— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 31, 2022