O Deportivo visita mañá á Real B á busca de mellorar as sensacións (14:00h, TVG e AGalega.gal)
Hidalgo, que perde a Yeremay, reivindica a boa marcha do seu equipo, mellor visitante
Non ten semana tranquila Antonio Hidalgo. Nesta tócalle buscarlle substituto ao insubstituíble. Ao máximo goleador e emblema de marca: "Yere é o noso estandarte, non vou descubrir agora eu o que nos dá Yeremay", dixo o técnico na previa.
Pero non é ese o desvelo de Hidalgo. Cubrirá a praza do canario con Mella ou con Stoichkov, na mesma banda esquerda na que recupera a Quagliata tras cumprir sanción. Porén o que lle fai matinar son as vibracións que sente arredor do equipo: "A ver onde queremos poñer a enerxía. importante enfocala no positivo"
Hidalgo quere arredar as inmolacións. Subliña que van de cuartos, a tres puntos do ascenso directo. Busca enerxías que axuden aos xogadores: "Gustaríame que se puidera canalizar poque o que sae ao campo é o futbolista. Temos que darlle es enerxía para que poida atreveres a moitas mais cousas"
Tamén el quere un Deportivo que sexa máis tempo protagonista sobre o terreo. Con enerxía como a do Sanse que lles sacou as cores en Riazor cun 0-3: "Resultado claro e iso tennos que manter alerta. Anoeta ou Zubieta non cambia, motivacion maxima ante un rival que ven de 3 vitorias seguidas e motivación tremenda"
Será en Zubieta, verémolo na TVG, agás o cincocentos afeccionados deporivistas que se desprazan.