Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo salva un punto xogando con dez en Ponferrada (1-1)

O Deportivo salva un punto xogando con dez en Ponferrada (1-1)

Pablo Martínez foi expulsado no minuto dez de partido

O valdubrés Brais Abelenda marcou o gol en posición discutida

Pablo Vázquez empatou no 86 á saída dun córner

G24.gal 15/10/2023 19:40

O Deportivo conseguiu rabuñar un punto na súa visita a Ponferrada fronte a outro dos favoritos ao ascenso (1-1). E iso que o equipo de Idiakez tivo que xogar con dez durante máis de oitenta minutos pola expulsión de Pablo Martínez. 

Non acontecera nada no partido cando o colexiado entendeu como vermella directa unha entrada do francés na tibia de Brais Abelenda. Iso condicionou o encontro, cun Deportivo máis metido no seu campo. Non houbo grandes ocasións nun primeiro tempo en que Villares gozou da mellor para os coruñeses e Salva Sevilla evitou o gol da Ponferradina baixo paus. 

O respecto era máximo, tamén no segundo tempo, en que xerar ocasións era un imposible. No minuto 73 o valdubrés Brais Abelenda rematou en posición dubidosa un centro e puxo por diante a Ponferradina. Tremía o Deportivo, que podía sumar a terceira derrota seguida, pero apareceu a cabeza de Pablo Vázquez no 86 para lograr un empate que pode salvar a cabeza do adestrador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade