O Deportivo resolve o derbi co Racing na primeira metade (2-0)
O Deportivo resolve o derbi co Racing na primeira metade (2-0)
Os goles de Villares e Svensson en menos de cinco minutos acabaron coa resistencia do Racing
A clasificación apértase logo da derrota do Córdoba en Alcorcón
Sabían tanto o Racing coma o Deportivo que a ocasión era moi boa para recortar diferenzas cos primeiros clasificados. Perdera o Córdoba en Alcorcón, o Real Madrid Castela non pasara do empate e o Linares tamén tropezara diante do pechacancelas Ceuta.
O Deportivo viña dunha derrota moi dura en Badaxoz, con Óscar Cano tentando subir a implicación dos seus xogadores cunhas duras declaracións. O partido do equipo deportivista foi bo, superou desde o inicio un rival que non se atopou cómodo sobre o céspede de Riazor.
En cinco minutos, entre o 25 e o 30, chegaron os dous goles que decidiron o partido. Un grave erro departamental propiciou o tanto do chairego Villares. O segundo veu logo dunha gran xogada de Rubén Díez que culminou Svensson.
Na segunda metade, o Deportivo controlou o partido, non arriscou pero tampouco sufriu no aspecto defensivo. Vitoria por 2-0 que cura as feridas dos últimos resultados negativos.