Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo resolve en Vilalba cando emprega o "Plan A"

O Deportivo resolve en Vilalba cando emprega o "Plan A"

Coa entrada dun teórico equipo titular no descanso chegou a reacción deportivista

Raúl Carnero, Soriano e Gorka Santamaría (2) marcaron os goles

G24.gal 30/07/2022 20:49

O Deportivo goleou na Magdalena por un a catro no segundo choque da pretemporada. Adiantouse ben axiña o Rácing Vilalbés, logo dun penalti cometido polo debutante Retuerta no primeiro minuto, e transformado por Pablo Rey.

No descanso, Borja Jiménez optou por cambiar o equipo enteiro, e o novo once tardou so sete minutos en darle a volta ao resultado. Primeiro empatou Raúl Carnero, e despois foi Gorka Santamaría, cunha cabezada a pase de Antoñito, o que anotou o un a dous. O dianteiro tivo tempo de amosar outra vez as súas dotes como rematador e repetiu a doce minutos da conclusión. O resultado de un a catro pechouno Mario Soriano no man a man, no minuto oitenta e oito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos