Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo presenta alegacións polo cartón a Yeremay

O Deportivo presenta alegacións polo cartón a Yeremay

O club considera que hai antecedentes para que a tarxeta que viu o canario sexa anulada e poida xogar o partido contra o Andorra

O colexiado Xavier Rodríguez Campos analiza a xogada do cartón amarelo a Yeremay
G24.gal 11/05/2026 09:55

O Deportivo presentou alegacións ao cartón amarelo que viu Yeremay Hernández no partido contra o Cádiz. Foi á media hora de partido cando o canario caeu na área e o árbitro interpretou que se deixou caer na área "simulando ser obxecto de infracción". 

O club presentou alegacións á redacción da acta para deixar sen consecuencias o cartón. O Deportivo achegou vídeos e unha secuencia de fotos como probas así como antecedentes desta mesma temporada noutros partidos e xogadas similares que non recibiron amonestación.

O cartón é o quinto do ciclo para Yeremay e de ratificalo o Comité non podería estar na convocatoria do vindeiro partido ante o Andorra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade