Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo presenta a Copa de Campións, que se verá na G2

O Deportivo presenta a Copa de Campións, que se verá na G2

A ida xogarase o vindeiro mércores 29 de maio en Riazor (21:00) e a volta o domingo 2 de xuño 

G24.gal 22/05/2024 21:44

O Deportivo disputará a vindeira semana a dobre partido a Final de Campións na Primeira Federación contra o Castelló. A ida será o próximo mércores 29 ás nove da noite en Riazor e a volta o día 2 de xuño en Castalia. A eliminatoria poderemos seguila pola G2.

Esta tarde, o campo deportivista acolleu a presentación desta final; nela puidemos ver o Trofeo sobre o céspede, un trofeo que quedará exposto na Deportenda de Riazor ata o vindeiro mércores, día do partido. O presidente branquiazul Alvaro García Diéguez desexou que este galardón poida quedar na Coruña, xa que sería o colofón a unha gran temporada e un xeito de lembrar os catro anos tan duros que viviu o conxunto coruñés na terceira categoría do fútbol español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade