Cargando resultados...
O Deportivo precisa lavar diante do líder a mala imaxe do último partido
O partido do Levante alporizou o técnico deportivista
O Rácing leva cinco vitorias noutros tantos partidos como visitante
G24.gal
26/10/2024 21:59
O Deportivo fixo o último adestramento antes de recibir este domingo pola tarde o líder da categoría, un Rácing de Santander que gañou os seus cinco partidos fóra da casa. Non lle gustou ó técnico branquiazul o amosado polo equipo ante o Levante e no partido contra o primeiro clasificado o Deportivo xa ten opción de reparar esa imaxe de cadro pouco resolutivo.
Idiakez non quere falar de revolución, pero si do reto de gañar ao Rácing ante a afección deportivista.