O Deportivo xoga en León diante dunha Cultural en crise (18:30h, TVG)
O equipo coruñés atópase a tiro do ascenso directo
O Deportivo agarda mostrar esta tarde en León a súa versión viaxeira. A do mellor visitante da categoría. Unha categoría con diferenzas escasas na clasificación e que permiten que o equipo coruñés estea a sóa dous puntos do ascenso directo malia gañar só un partido dos últimos sete disputados.
O adestrador da Cultural, o Cuco Ziganda, concorda con Antonio Hidalgo.
A Cultural afronta o partido en postos de descenso, leva seis xornadas sen gañar e non estarán ante o Deportivo nin Luis Chacón, pola cláusula do medo, nin Lucas Ribeiro, expulsado en Ceuta. Demasiados problemas para o segundo peor equipo como local desta segunda división.
Mentres, a idea de Antonio Hidalgo, que non pode contar co sancionado Zakaria, é que o Deportivo atope unha liña de regularidade que non aparece nos últimos partidos.
Esta tarde, desde as seis coa previa, Cultural-Deportivo, na primeira canle da Televisión de Galicia.