Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo asalta Cádiz cun gol sobre a bucina e dorme no ascenso directo

O Deportivo asalta Cádiz cun gol sobre a bucina e dorme no ascenso directo

Stoichkov desatascou un partido que dominaron os coruñeses sen premio ata ese minuto 87’

G24.gal 08/05/2026 22:28

O Deportivo abriu a xornada cun valiosísimo triunfo en Mirandilla que lle permite recuperar momentaneamente o segundo posto agardando o que faga o Almería.

O partido comezou cun achegamento do Cádiz, que Altimira cortou á desesperada nunha acción en que os locais pediron man. Pasado o susto, o Deportivo fíxose cos mandos do encontro e gozou de boas ocasións. Primeiro Nsongo topou coa man de David Gil. Despois Soriano rematou cruzado por moi pouco, e Quagliata gozou dunha clarísima ocasión que foi sacada baixo os paus.

Os coruñeses dominaban, pero non atopaban o camiño do gol. E unha rápida contra do Cádiz rematou co Mirandilla pedindo outra pena máxima que Arcediano tampouco sinalou.

A segunda metade comezou de xeito trepidante, con boas ocasións para os dous equipos. Yeremay rematou ao corpo de David Gil, e Antoñito disparou por riba do traveseiro de Ferllo. Despois, un balón á área por parte do Deportivo rematou co balón ao pau.

O Deportivo ía metendo ao Cádiz na súa área, pero o gol non chegaba. Ata o minuto 87, cando unha gran xogada colectiva habilitaba a Stoichkov que, desde o punto de penalti, marcaba cun remate axustado o gol que valía un posto de ascenso directo. Nesa zona rematou o seu partido o cadro coruñés, á espera do que faga o Almería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar