Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo agarda mellorar os números en Riazor diante do peor visitante

O Deportivo agarda mellorar os números en Riazor diante do peor visitante

Hidalgo: "Noto a ilusión da afección e a presión. Chámalle ansiedade por subir, subir e subir"

Deportivo-Éibar, o sábado ás 16.15 na TVG

Foto Deportivo
G24.gal 20/02/2026 10:39 Última actualización 20/02/2026 11:28

Antonio Hidalgo compareceu na sala de prensa de Abegondo para analizar o momento no que chega o Deportivo á cita deste sábado en Riazor fronte ao Éibar.

O preparador herculino falou das opcións que manexa ante a baixa de Giacomo Quagliata, dos motivos que hai para ser optimistas e recalcou que "o equipo está a cumprir co obxectivo marcado a principios de tempada".

"Noto a ilusión da afección e a presión. Chámao ansiedade por subir, subir e subir... É unha carreira longa entre moitos equipos. Cando abrazas a dificultade e es consciente diso as cousas ven máis tranquilas e de maneira obxectiva. Coruña é incrible, pero sabemos onde estamos".

"É un club que mete presión. É así".

A Riazor chega un Éibar que aínda non gañou un partido como visitante. O partido comeza ás 16:15, e será ofrecido pola primeira canle de TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade