Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo agarda coller a onda azul e branca que xerou a afección

O Deportivo agarda coller a onda azul e branca que xerou a afección

Houbo case 29.000 espectadores no Deportivo-Castellón, mellor rexistro histórico na Primeira Federación

G24.gal 05/06/2023 21:08

Houbo case vinte e nove mil persoas en Riazor e milleiros nas rúas da Coruña empurrando o seu equipo na primeira eliminatoria da loita polo ascenso. Riazor foi de certo unha caixa atronadora para o rival. Particulamente tras o gol de Svensson, o único dun encontro en que os coruñeses puideron sacar máis rédito.

A Castalia non viaxarán os 29 mil que encheron Riazor. A volta decidirase en territorio adverso pero coa vantaxe dun solitario gol que pode valer o seu peso en ouro.

En Riazor bateuse o récord de asistencia en Primeira Federación. A marea azul que acompaña o Deportivo deberá agardar pola subida definitiva. O equipo soña con sumarse a esa onda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade