Cargando resultados...
O Deportivo Abanca atopa premio á insistencia na última xogada
Disparou en máis de 20 ocasións contra a porta do equipo ilerdense
G24.gal
06/11/2022 14:36
Na última xogada do partido e con certa dose de fortuna. O lanzamento de Sara Navarro petou na barreira e acabou sorprendendo a porteira do AEM Lleida, que ata ese intre se convertera na mellor xogadora do partido.
Desa maneira acadou o gol do triunfo un Deportivo Abanca que o mereceu moito antes. Todas as ocasións do partido foron súas e só o desacerto nos remates e as grandes intervencións da porteira impediron unha vitoria clara.