Cargando resultados...
O Coruxo rompe a xeira negativa cun empate en Palencia
Yelco Alfaya marcou ao comezo da segunda parte, pero o Palencia empatou co gol do galego Duque
G24.gal
05/02/2023 21:11
O Coruxo empatou no campo do Palencia Cristo Atlético e, cando menos, conseguiu romper a serie de dúas derrotas apañadas nas anteriores xornadas. Unha igualada agre, porque durante máis de vinte minutos estivo en vantaxe no marcador.
O partido foi moi igualado, pero os vigueses conseguiron facer o máis difícil co tanto de Yelco Alfaya ao pouco de principiar a segunda parte. O Palencia arriscou e acabaría logrando o empate cun gol dun vello coñecido da afección galega como Miguel Ángel Duque, ex do Polvorín, Bergantiños, Somozas ou Barco.