Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo empata no 92 na vibrante estrea do Vao

O Coruxo empata no 92 na vibrante estrea do Vao

O Pontevedra remontara o gol inicial de Youssef en catro minutos; Lucas Puime marcou para os vigueses o gol do empate no 92'

G24.gal 20/03/2022 19:56

Todos querían catar a nova alfombra que ten o Vao por céspede, tamén Abel Caballero. E tanto Coruxo como Pontevedra honraron a remodelación do estadio con bo fútbol e sobre todo moita emoción.

E todo comezou ben cedo, o colexiado sinalou penalti por man de Antonini neste centro de Álex González. Pero Alberto adiviña as intencións de Brais Abelenda e detén a pena máxima.

O Pontevedra dominaba as ocasións e levaba o peso do partido, remata ao pau Miguel Román. Pero cando os granates acariñaban o tanto, golpeou o Coruxo. Unha xogada na que combinando participa a meirande parte do equipo, que remata na banda dereita de Antón de Vicente que serve para o quinto tanto de Yousseff. 

Xa nos segundos 45 minutos, os da beira do Lérez déronlle a volta o partido en cuestión de catro minutos, primeiro Churre aproveita dous rexeites para marcar; e logo Rufo define na área. O mesmo Rufo tivo xusto na seguinte xogada esta opción clarísima para poñer o 1-3.

A partir dese intre o encontro volveuse tolo. Podía chegar tanto o empate como a sentenza. Álex Ares para o Coruxo, tamén Youssef. E responde, Rubio, biqueirazo o longueiro. 

E xa no tempo engadido, a pelota caeu para o lado do Coruxo. Primeiro o preludio, nesta ocasión clarísima. E no minuto 92, Lucas Puime definiu para poñer patas arriba o Vao. 

O Pontevedra segue a seis puntos do Unión Adarve co que xoga a vindeira semana, o Coruxo, empata a puntos co Compostela e aperta a zona de fase de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade