Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Constitucional non cede e impide ao Senado tramitar as emendas sobre a súa renovación

O Constitucional non cede e impide ao Senado tramitar as emendas sobre a súa renovación

O Pleno desbotou por seis votos a cinco a impugnación do Senado que pedía levantar a suspensión da cautelarísima solicitada polo PP e acordada polo TC

G24.gal 21/12/2022 23:09

O Pleno do Tribunal Constitucional acordou manter a paralización da tramitación das dúas emendas parlamentarias sobre o Poder Xudicial e o propio tribunal, de xeito que impide ao Senado que se poidan incluir na votación do Pleno da cámara prevista para este xoves.

O Pleno desbotou por seis votos a cinco a impugnación do Senado que pedía levantar a suspensión da cautelarísima, solicitada polo PP e acordada o luns polo TC, así como as recusacións formuladas pola Fiscalía contra o presidente Pedro González Trevijano e o maxistrado Antonio Narváez.

Esta decisión mantén vixente a suspensión e pecha a porta para que a cámara alta inclúa as dúas polémicas emendas ao texto que votará o pleno deste xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade