Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela só pode empatar (1-1) ante un Zamora con nove

O Compostela só pode empatar (1-1) ante un Zamora con nove

Chendri e Luismi Luengo foron expulsados no equipo de Yago Iglesias

Darío empatou o partido xa contra nove, pero o Compostela non puido culminar a remontada

Foto: sdcompostela
G24.gal 18/02/2023 21:04

O Compostela perdeu unha gran ocasión de achegarse ao liderado da Segunda Federación. O equipo de Fabiano so puido rescatar un empate nun partido contra o Zamora que se lle puxo moi de cara logo da expulsión de Chendri pouco despois da media hora por dobre cartón amarelo.

O certo é que o Zamora fora mellor en igualdade numérica, tendo boas ocasións e mesmo estrelando un balón no traveseiro. E, despois da expulsión, xa na segunda metade, os de Yago Iglesias lograron adiantarse cun golazo de Álex Ares.

Co Compostela buscando a remontada, Luismi Luengo tamén foi expulsado por unha falta na frontal da área. Pero con dous xogadores máis, os de Fabiano tampouco deron creado ocasións claras. So unha atopou o camiño do gol. Foi nunha asistencia desde a dereita que converteu Darío no empate a uns. Malia aos últimos intentos, o resultado xa non se moveu. O Compostela mantense no segundo posto da clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade