Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela perde en Avilés e complica as posibilidades de promoción

O Compostela perde en Avilés e complica as posibilidades de promoción

O Avilés mantivo as opcións de pelexarlle o ascenso directo ao Arenteiro co 2-0

O equipo santiagués ten só un punto de marxe sobre o sexto

Foto: @RealAvilesind
G24.gal 09/04/2023 21:29

No día da estrea de Juan Carlos Andrés no banco, o Compostela non conseguiu nada positivo en Avilés. O equipo local, moito máis en forma, con cinco vitorias nas últimas seis xornadas, quedou como o único equipo capaz de darlle caza ao Arenteiro na loita polo ascenso directo. E foi cun claro triunfo por 2-0.

O partido comezou a decidirse xa na primeira metade. Foi cunha xogada pola dereita que culminou Natalio para abrir o marcador, coa defensa galega moi pouco contundente.

Na segunda metade chegou o segundo dos asturianos, e foi obra dun vello coñecido. Óscar Primo marcaba aos poucos minutos de comezar a segunda metade, deixando a misión da remontada moi difícil.

A derrota é a sexta xornada consecutiva sen gañar do Compostela, que, nestas semanas, xa tivo tres adestradores diferentes no banco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade