Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta xuvenil queda eliminado polo Barcelona nun partido espectacular

O Celta xuvenil queda eliminado polo Barcelona nun partido espectacular

O Barça sempre foi por diante, pero o Celta tivo opcións ata o último minuto (3-4)

G24.gal 01/06/2022 20:10

Partidazo entre o Celta e o Barcelona na semifinal da Copa de Campións xuvenil. O Barcelona gañou por 3-4 pero o cadro vigués vendeu moi cara a súa derrota. Malia ir sempre por detrás no marcador os de Claudio Giráldez non deron o seu brazo a torcer e tiveron opcións de chegar á final ata o último intre. 

Comezou mellor o Celta pero o Barcelona marcou dous goles nun minuto, primeiro cun autogol de Meixús e a seguir nun remate de Juanda. O equipo galego non acusou o golpe e antes do descanso recurtou diferenzas cun tanto de Aitor Mañas. 

O segundo tempo comezou con outro gol catalán (Aleix Garrido) pero un novo remate de cabeza de Aitor Mañas volvía a deixar a diferenza nun gol. No 69 Víctor Barberá anotou o terceiro para o Barça e a resposta do Celta foi inmediata co tanto de Hugo Álvarez. 

Xa non se movería máis o marcador a pesar dos intentos do Celta de mandar o partido á prórroga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade