Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta volve topar coas pantasmas arbitrais

O Celta volve topar coas pantasmas arbitrais

O gol anulado a Jailson e o posible penalti a Aspas no engadido centran as iras da afección viguesa

O empate diante do Raio non permite relaxacións na loita por evitar o descenso

G24.gal 01/04/2024 21:12

Por apenas uns centímetros, medidos pola bota de Carles Pérez na última xogada do partido, non tivo Claudio Giraldez o debut soñado en Balaídos. O adestrador despediu con corrección o equipo arbitral aínda que as súas decisións tiveron incidencia no resultado. Un empate que se antolla escaso ante un rival directo.

A entrada de Tapia, que viña dunha lesión, foi unha das correccións de Giraldez no descanso. No primeiro tempo o balón ó pau de Strand Larsen a centro de Hugo Álvarez foi a gran ocasión do Celta.

Na segunda había chegar o gol, a balón parado pero Hernander Hernandez sinalou falta e invalidou o remate de Jailson a centro de Migueza. O VAR non interviu. Tampouco revisou caída de Aspas na área cando xa controlara o balón e se dispoñía a rematar. O árbitro mandou seguir.

O Celta vai a vindeira xornada ao campo do Betis, pero a liga para outra vez así que será do venres en oito días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar