Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta voa cara a Belgrado pendente de Fer López

O Celta voa cara a Belgrado pendente de Fer López

O equipo de Claudio Giráldez medirase mañá co Estrela Vermella coa esperanza de meterse no Top 8

G24.gal 28/01/2026 11:35 Última actualización 28/01/2026 11:41

A expedición do Celta de Vigo partiu de Peinador ás 10:00 horas camiño de Belgrado, encabezada pola presidenta, Marián Mouriño, e que inclúe ao seu pai e predecesor, Carlos.

O equipo ponse en marcha para enfrontarse mañá co Estrela Vermella no último partido da fase ligueira da competición. Fer López viaxa tamén co equipo. A primeira hora aínda segue pendente a dirección deportiva de se poderá ser inscrito no partido de mañá

Unha vez o equipo aterre en Belgrado, Claudio Giráldez e Mihailo Ristic ofrecerán a habitual rolda de prensa previa ao partido ao redor das seis da tarde. Ás 18:45 horas está previsto que os célticos adestren no Rajko Mitic Stadium, que mañá acollerá este segundo duelo entre serbios e galegos tras o enfrontamento protagonizado no ano 2000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade