Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta visita San Mamés á busca da primeira vitoria visitante

O Celta visita San Mamés á busca da primeira vitoria visitante

Jailson e Carlos Domínguez recibiron a alta médica na última sesión e viaxan co equipo

G24.gal 21/09/2024 14:38

O Celta segue infalible como local, e sen estrearse como visitante. Coa idea de inverter esta última tendencia, e de acadar a primeira vitoria da temporada lonxe de Balaídos, os vigueses viaxan a San Mamés para enfrontarse mañá co Athletic ás 16:15 h. O técnico recibiu a boa noticia das altas médicas de Jailson e Carlos Domínguez. Despois confirmou que os dous van viaxar con opcións de xogar.

O técnico agarda sumar os primeiros puntos como visitante, logo dunha saída a Vilarreal onde o resultado puido caer para calquera lado, e doutra ao Sadar cunha mala imaxe. Claudio céntrase nese obxectivo, así que non quere falar dun dos temas de actualidade, o da súa posible renovación, que abordará cando toque, pero que ve por bo camiño.

Si opinou sobre a posible renovación de Iago Aspas. Claudio cre que o moañés vai continuar como xogador do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade