Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta-Valencia reabre o debate Maxi-Mina

O Celta-Valencia reabre o debate Maxi-Mina

G24.gal 05/12/2021 15:14

Ás nove desta noite Celta e Valencia buscarán tres puntos que tranquilicen e permita mirar arriba. O Celta chega tras o triunfo en Vitoria, disposto a endereitar a mala traxectoria en Balaídos. A afección só viu unha vitoria en oito partidos.

O Valencia leva un triunfo nos últimos 11. Situación delicada. Partido clave, deses que valen.

Encontro que trae de volta o debate sobre Maxi e Mina. Porque cando o Celta vendeu a Maxi por 15 millóns, mais Mina e a cesión de Saénz pareceu gañar o Valencia, mais o fútbol apunta que nestas tres temporadas Mina marcou seis, doce e cinco goles na Liga, máis catro na Copa. 27 en total. E que Maxi deixou nove, sete, un esta campaña e un na Copa. 18 tantos, 9 menos que Mina.

Esta noite volverán atoparse en Balaídos, Maxi e Mina, mais aquel debate -quen gaña, quen perde-  semellou tornar o punto de vista.

Moito se ten falado nos últimos días de movementos no Celta. Un deles vai ser a chegada de Orbelín Pineda.

O mexicano vaise incorporar no mercado invernal, pero é extracomunitario. Arestora o club ten ocupadas as tres fichas dispoñibles con Galhardo, Cervi e Tapia. Galhardo ten próxima a nacionalidade, pero se non chega habería que prescindir dun dos catro. Coudet non despexou onte as dúbidas sobre o asunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade