Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta sobe un 3 por cento o prezo dos seus abonos para a tempada 2025-26

O Celta sobe un 3 por cento o prezo dos seus abonos para a tempada 2025-26

O Celta sacará un suplemento, que oscila entre os 150 e os 71 euros, para presenciar os catro partidos da fase de grupos da liga Europea

Foto Celta
G24.gal 10/06/2025 15:53 Última actualización 10/06/2025 15:59

David González, director da área Celtista, presentou este martes a nova campaña de abonados do Celta, baixo o nome de 'Orgullo', para a tempada 2025-26, na que oito anos despois volverá participar nunha competición continental. As principais novidades son un aumento do 3 por cento no prezo dos abonos respecto ao ano pasado, así como a necesidade de sacar un suplemento, que oscila entre os 150 e os 71 euros dependendo da bancada, para presenciar os catro partidos da fase de grupos da liga Europea.

“A tempada pasada xa fixemos os axustes que queriamos facer sobre os prezos e os descontos, así que esta tempada buscamos dar continuidade ao do ano pasado. Hai unha actualización sobre o 3 por cento, que é máis ou menos o IPC”, explicou González.

Neste sentido, a director da área Celtista cre que non haberá enfado entre o celtismo por esta subida porque “quixemos separar o abono tradicional e o de Europa League para que a xente decida se quere só o seu abono de Liga ou amplialo co suplemento de Europa”.

A renovación de abonos arrincará este mesmo martes 10 de xuño e estenderase ata o xoves 19 de xuño, mentres que o a cobro do suplemento de Europa executarase entre o venres 1 e o xoves 7 de agosto.

“A política que estamos a levar é que os nosos celtistas teñan prioridade tanto na compra de entradas como para os descontos nos partidos”, apuntou González, quen avanzou que o Celta xa pasou a primeira inspección da UEFA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade