Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere repetir a imaxe diante dos grandes, pero mudando o resultado

O Celta quere repetir a imaxe diante dos grandes, pero mudando o resultado

O equipo vigués quere conseguir a primeira vitoria como local diante do Atlético (sábado, 21:00 horas)

G24.gal 20/10/2023 21:37

O Celta ten unha oportunidade ante o Atlético de Madrid, a de gañar o primeiro partido da temporada en Balaídos e afrontar a liga con confianza. Esa é a mensaxe de Benítez.

A presenza de Marian Mouriño este venres no céspede de Afouteza é a imaxe do día no Celta. Ainda non o é formalmente, pero xa exerce de presidenta. O equipo ofreceu unha boa imaxe ante os dous grandes. Benítez agarda o mesmo contra o Atlético pero con outro resultado.

Están descartados por lesión Carles Pérez e Mihailo Ristic. E por suposto Joseph Aidoo, unha baixa de longa duración que non vai ter recambio ata xaneiro. Atlético de madrid, Girona, Sevilla e Athlétic club porán o Celta a exame antes da seguinte parada de selección en novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos