Cargando resultados...
O Celta quere facer de Balaídos un fortín e manter o pleno de triunfos
Recibe este venres o Valencia (19:00 horas) antes de viaxar a Vilarreal, onde estreará o luns as retransmisións na Televisión de Galicia
G24.gal
22/08/2024 22:04
O Celta buscará ante o Valencia a segunda vitoria consecutiva, algo que non consegue dende fai nove temporadas. Claudio réstalle importancia ás estatísticas e insiste en que, de momento, hai moito que corrixir.
O equipo quere deixar atrás as incertezas. Repite en Balaídos, un extra de motivación. O adestrador agarda un duelo competido. O inicio do curso coincide coa fase final do mercado. O técnico, que confirma o interese por Bajcetic, supeditou calquera chegada a saída dun ou varios xogadores.
Claudio Giráldez transmite tranquilidade. A prioridade, subliña, é o Valencia. E o luns visitan o Vilarreal.