Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta non perde en Balaídos co Raio desde 2013

O Celta non perde en Balaídos co Raio desde 2013

Os dous equipos chegan ao partido deste domingo separados por tan só 2 puntos

G24.gal 25/03/2024 15:48 Última actualización 25/03/2024 15:54

O Raio Vallecano, que o vindeiro domingo visitará ao Celta en Balaídos, non gaña a domicilio ao conxunto galego desde hai 11 anos, cando o equipo dirixido entón por Paco Jémez derrotou ao de Abel Resino con tantos de Piti e o montenegrino Andrija Delibasic.

Desde aquel 7 de abril de 2013, o Raio visitou cinco veces o estadio vigués e en ningunha delas conseguiu levar os tres puntos. A única vez que puntuou foi na última xornada do campionato 2018-19, nun duelo ao que os locais chegaron coa permanencia na Liga asegurada.

O equipo madrileño adiantouse no marcador con goles de Embarba e Álvaro Medrán, pero un dobrete de Iago Aspas no últimos dez minutos de partido acabou co sufrimento do equipo dirixido por Fran Escribá.

Nos catro restantes enfrontamentos desde a última vitoria vallecana, o Celta dobregou sen demasiados apuros ao Raio: 6-1 na tempada 2013-14, 3-0 nos cursos 2015-16 e 2022-23 e 2-0 na campaña 2021-22.

Os dous equipos chegan ao partido deste domingo separados por tan só 2 puntos, polo que un triunfo celeste permitiría ao equipo dirixido por Claudio Giráldez superar na táboa ao seu rival, co que ademais aseguraría o gol-average particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar