Cargando resultados...
O Celta Fortuna busca remontar o voo tras seis xornadas sen gañar
O último partido que gañou o filial celeste foi o 2 de xaneiro no Anxo Carro
G24.gal
23/02/2024 12:00
Última actualización 23/02/2024 12:04
O último partido que gañou o Celta Fortuna foi o 2 de xaneiro no Anxo Carro. Dende ese día, está na peor serie da temporada: seis xornadas seguidas sen gañar. Só logrou 2 puntos dos últimos 18 posibles.
Damián: "Queremos cambiar esta dinámica o sábado. Non iamos gañar sempre nin perder nunca".
O Celta Fortuna recibe o Sestao en Barreiro ás 16:00 e poderán velo pola G2 e en AGalega.gal.