Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta espera sentenciar a permanencia nos tres partidos do mes de abril

O Celta espera sentenciar a permanencia nos tres partidos do mes de abril

Ten tres puntos de marxe sobre o Cádiz e terá que enfrontarse a Betis, Alavés e As Palmas

O Cádiz afrontará dous compromisos de máxima esixencia: o Barcelona e o Xirona

G24.gal 02/04/2024 21:19

O Celta ten por diante un mes curto, de apenas tres partidos, para ver como de sufrida se vai poñer a permanencia. Agora mesmo a referencia é o Cádiz, en descenso, con tres puntos menos e peor diferenza de goles.

Os dous equipos miran hoxe o calendario. Os andaluces xogan o seu próximo partido na casa contra o Barcelona, tres días antes da volta da Champions co París Saint Germain. Despois visitan o Xirona e volven a Cádiz para enfrontarse contra o Mallorca.

O Celta xoga fóra dous de tres partidos. Contra Betis e Alavés. No medio, recibe a Unión Deportiva As Palmas. Son rivais contra os que sumou catro puntos na primeira volta, coa polémica arbitraxe con derrota en Canarias. Iso foi con Benítez; Giraldez gañou o seu primeiro partido en Sevilla e non fai distincións entre xogar en Balaídos ou fóra. Tampouco cre que haxa que mirar aínda ós demais.

Xogar primeiro pode meterlle presión a un rival directo que reaccionou precisamente despois de xogar contra o Celta gañándolle ao Atlético e ao Granada. A parada da Liga dálle marxe a Giraldez para traballar ese Betis-Celta do venres 12 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos