Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta enredouse na trama defensiva de Bordalás

O Celta enredouse na trama defensiva de Bordalás

Uche deixou en evidencia á defensa celeste

Foto Celta
G24.gal 18/08/2025 13:32 Última actualización 18/08/2025 14:36

Derrota na primeira xornada, e chega coa ilusión que había en Balaídos con este EuroClaudio. Pero é que diante estaba o Xetafe, o autobús da empresa Bordalás. A primeira parte quedou en nada. A única ocasión salientable foi unha conexión de Mingueza con Aspas, librada con sorte por un bo porteiro como é David Soria.

O Celta foi incapaz de superar a tapia xetafense, un equipo que veu a Vigo co xusto,  a perder o tempo e agardar esa ocasión que o fútbol sempre te regala. E iso foi o que pasou ao comezo do segundo tempo. Aí emerxeu a figura do choque... Uche. O nixeriano deixou polo camiño a Yoel Lago e a Marcos Alonso para regalarlle un caramelo que Liso embocando na porta  do debutante Radu.

Claudio reaccionou de inmediato puxo a Sotelo na dirección, e ampliou o campo con Junes e cun Bryan Zaragoza desafortunado pero que na súa mellor acción case lle dá a Aspas o gol do empate. Nese momento o Celta estaba preto do empate, xa con Borja Igleisas traballándose aos centrais e co príncipe de Balaídos comprobando a solvencia de David Soria. E xusto aí, chegou a sentenza. Cristantus Uche fabricou un gol da nada, demostrando que onte a defensa celeste era de celofán.

Había tempo para o milagre, pero o Celta co cero dous perdeu o foco e o Xetafe redobrou o seu fútbol antipático, teatralizando e perdendo de tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar