O Celta, con cinco positivos, volveu adestrarse co interese do Sevilla en Denis Suárez
Segundo 'Marca', na operación da fichaxe de Denis entraría a cesión de Óscar Rodríguez
O Celta, con cinco positivos, volveu esta tarde ao traballo coa obrigatoriedade de faceren probas e de comezar en grupos burbulla polo protocolo da LFP.
Nas próximas horas coñecerase se o gromo vai a máis, ou se pola contra o club pode cumprir con certa normalidade co plan establecido para esta semana con adestramentos diarios ata o partido do domingo contra o Betis ás 18.00 horas.
¡Ya estamos de vuelta! 🏋️♂️⚽️#RCCelta #CidadeDeportivaAfouteza pic.twitter.com/uQu18YrIQv
— RC Celta (@RCCelta) December 27, 2021
Segundo informa 'MARCA', un dos obxectivos do Sevilla é Denis Suárez. O centrocampista do Celta, quen non está a pasar o seu mellor ano en Vigo pola tirante relación entre a súa axencia de representación e o propio club celeste, chegaría ao Sánchez- Pizjuán, campo que coñece da súa cesión desde o Barcelona na 2014-15, para reforzar a parcela ofensiva do centro do campo, podendo actuar tamén en banda. Unha posición que está chea de efectivos, aínda que na mesma operación podería saír un xogador do vestiario andaluz. Óscar Rodríguez, quen non tivo continuidade no seu ano e medio en Nervión, podería abaratar a operación saíndo cedido cara ao Celta, club onde podería encaixar polo seu fútbol ofensivo.