Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta comeza a pretemporada con Denis Suárez

O Celta comeza a pretemporada con Denis Suárez

Do filial estaban Miguel, Gabri, Carlos e Ruly

Foto @RCCelta
G24.gal 04/07/2022 13:13 Última actualización 04/07/2022 14:35

Primeira sesión da pretemporada do Celta. Estiveron todos os xogadores con contrato presentes, salvo Brais e Mina. Do filial estaban Miguel, Gabri, Carlos e Ruly. O xogador da canteira Miguel Rodríguez Vidal forma parte dos futbolistas convocados por Eduardo Coudet para iniciar hoxe a pretemporada co primeiro equipo.

O redondelán regresa dous anos despois, pois foi chamado por primeira vez por Óscar García Junyent no verán do 2020, cando aínda tiña 17 anos, pero tras debutar co catalán en Primeira, non entrou nos plans do Chacho.

O pasado verán, non estivo entre os da canteira citados para a preparación estival nin tampouco se adestrou co primeiro equipo. Agora, forma, xunto con Gabri Veiga, Carlos Domínguez e o porteiro Ruly García, a representación de xogadores do filial na lista.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar