Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere rearmarse na Liga contra o Oviedo antes de acometer a remonta europea

O Celta quere rearmarse na Liga contra o Oviedo antes de acometer a remonta europea

Os de Claudio Giráldez poden dar un paso importante cara á clasificación para as competicións europeas diante do último clasificado

G24.gal 11/04/2026 14:09

Mañá domingo (18:30), o Celta recibe ó Oviedo. O equipo celeste quere pechar a ferida aberta na Europa League, logo da derrota ante o Friburgo. Esta mañá última sesión de traballo.

No equipo vigués non renuncian a dar a sorpresa o xoves que vén cunha remonta diante do cadro alemán. Pero antes chega a Liga, e a oportunidade de dar un gran paso nas aspiracións de volver disputar competicións europeas o ano que vén a través da Liga. Visita Balaídos un Oviedo que chega na última posición.

Claudio Giráldez non poderá contar con Starfelt nin con Javi Rodríguez. Ademais, segue ausente Hugo Álvarez. Claudio Giráldez comentaba en sala de prensa que, malia ás baixas, hai boas opcións de facer unha defensa competitiva.

Tamén indicou o técnico que o seu corpo técnico non está a ser quen de que o equipo xogue tranquilo, malia á boa situación en que se atopa. Neste senso insiste na palabra desfrutar, que non está pelexada con competir ben nos partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade