O Celta baixa o seu límite salarial ata os 63,8 millóns
O límite salarial do Lugo é de 4,2 millóns de euros, o máis baixo da Segunda División
Aínda que o Celta anunciara no mes de agosto que o seu tope salarial rozaría os 68 millóns e marcaría un récord, finalmente quedou en 63,8 millóns, o que supón un 3 % menos con respecto aos 65,5 que constaban no informe do mercado de inverno pasado.
O conxunto vigués rebaixou en preto de cinco millóns as súas expectativas de gasto para o persoal para o arranque da tempada 22/23. Con ese desembolso de 63,5 millóns, o Celta pasa a ocupar o décimo segundo lugar da clasificación, por detrás do Xetafe, que ten un límite salarial de 69 millóns e por diante de Osasuna, que queda en 52,1. O Real Madrid, con 683 millóns, encabeza o gastos, mentres o Elxe é o último da fila con 42.
O Barcelona, coas súas famosas pancas, é o segundo con 656 e ademais é o conxunto que máis crece en gasto, a nivel porcentual cun 570 %.
O límite salarial do Lugo é de 4,2 millóns de euros, o máis baixo da Segunda División