O Celta atráncase no día da marmota
Cuarta derrota consecutiva, na que se repetiron erros e merecementos das xornadas anteriores
A situación deste Celta é como aquela película da marmota que protagonizara Bill Murray, na que, por máis que un fala de cambiar, chega o día, sae a marmota e todo volve empezar. Esta xornada foi en San Mamés. O Celta volveu encaixar por cuarto partido consecutivo nos oito minutos iniciais. Galán permite o centro e Aidoo o remate.
Logo vén a melloría, pouco a pouco. Mais o mellor veu no arranque da segunda parte, con Mingueza e Miguel no campo. Aí pasou a dominar e logrou o empate nunha fermosa xogada que acabou con centro de Miguel e cabezada de Larsen. Pero nese momento veñen as dúbidas, de se ir ou quedar. De se arriscar ou gardar. E na dúbida, o rival saca tallada.
E volta a empezar. Os xogadores torcen o xesto. Todo igual, semana tras semana. Como no día da marmota.