Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta asina o segundo peor inicio de liga na súa historia

O Celta asina o segundo peor inicio de liga na súa historia

Só empeorou no campionato 1943-44 cunha vitoria, sete derrotas e dous empates

G24.gal 23/10/2023 13:36 Última actualización 23/10/2023 13:41

Cunha soa vitoria en dez xornadas, inmerso na zona de descenso e sen celebrar un triunfo en Balaídos, o Celta asinou o segundo peor arranque na Liga da súa historia. Un triunfo, tres empates e seis derrotas é a pobre bagaxe do Celta neste arranque de tempada, uns números que só empeorou no campionato 1943-44 cunha vitoria, sete derrotas e dous empates.

Aquela tempada, o equipo vigués terminou descendendo a Segunda División. O ilusionante proxecto de Rafa Benítez, quen asinou un contrato por tres tempadas, derrubouse en apenas dez xornadas, vítima dunha preocupante fraxilidade defensiva (18 goles encaixados, 1,8 por encontro de media) e a súa falta de gol, agudizada pola seca que atravesa Iago Aspas.

O internacional español encadea xa 21 partidos sen marcar. O último que celebrou en LaLiga foi o pasado 18 de marzo no estadio do Español, e no último partido ante o Atlético non escondeu o seu enfado con Benítez despois de ser cambiado a falta de 30 minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade