Cargando resultados...
O Celta aprobará un orzamento de 107 millóns de euros para esta temporada
Os gastos en xogadores e corpo técnico baixaron en máis de quince millóns de euros
A liquidación de Benítez ascende a 7,7 millóns
G24.gal
17/10/2024 20:44
O Celta vai celebrar a súa Xunta de Accionistas o vindeiro 20 de novembro. O orzamento para esta temporada será de 107 millóns de euros. O gasto en indemnizacións a Rafa Benítez e aos xogadores que saíron dispara o gasto a 7,7 millóns. En xogadores e corpo técnico pasouse dun investimento de 61.9 millóns o ano pasado a 45,6 esta temporada