Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mouriño na Xunta de Accionistas: "Non estou preocupado, non pasaremos apuros"

Mouriño na Xunta de Accionistas: "Non estou preocupado, non pasaremos apuros"

O presidente considera fundamental apostar por novos valores que poidan revalorizarse no Celta

"O tema da sucesión? Xa teño unha idade e téñoo aberto", confirmou Mouriño

G24.gal 30/11/2022 13:32 Última actualización 30/11/2022 21:49

O Celta viviu a súa xunta de accionistas. Un exercicio de obrigado cumprimento onde Carlos Mouriño, que controla o 70 % das accións, sacou adiante sen discusión todos os puntos da orde do día. Entre eles un orzamento de 87,4 millóns para a tempada en curso, cun superávit de medio millón de euros, e as contas da pasada tempada, na que a sociedade volveu ao saldo positivo (132.000 euros).

O club ingresou a pasada tempada 85,6 millóns, dos cales 49 corresponden aos dereitos audiovisuais, sendo a segunda partida máis grande a venda de xogadores por valor de 16,6 millóns, unha operación onde aparece a venda de Brais Méndez e que resultou clave para o signo positivo das contas. Destaca tamén o importante avance en materia de publicidade (11,8 millóns).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade