O Celta amosa a súa solidez cun triunfo en Wolfsburgo (0-1)
O equipo de Benítez controlou o partido desde a defensa e decidiu cun gol de Unai Núñez
O Celta pasou con nota a difícil proba do Wolsburgo. Benítez aliñou un equipo que cheira a titular. Con Mingueza, Aidoo, Unai e Manu en defena; con Beltrán e Tapia como mediocentros, Bamba e Carles nas bandas, Aspas e Larsen arriba.
Un 4-4-2 no que a prioridade é ser sólidos. Apenas concedeu, a ocasión máis claro do Wolsburgo foi unha de Cerny. Neste debuxo Aspas ten liberdade pra baixar e organizar. E desde aí é quen de facer pases como este a Bamba.
Este Celta entende o xogo desde a defensa. Iso é un cambio importante. Outro vémolo no balón parado no que pasou de sufridor a castigador. Así chegou o gol, nunha falta de Aspas que cabeceou Unai.
Así chegou o tanto do triunfo e así puido lograr tamén o segundo tras un córner de Carles que acabou por remachar o propio Aspas. O colexiado anulouno por fóra de xogo. Co gol de vantaxe o Celta reafirmouse atrás e controlou plácido a segunda parte. Con xerarquía.
Mesmo puido ampliar primeiro nunha arrancada de carraxe de Swedberg e logo nun tiro de Paciencia. Nos últimos minutos debutou Dotor. Xogou de medio centro. E o Wolsburgo atopouse cun agasallo para empatar o partido. A unha semana do arranque da Liga arrecende a equipo serio, equilibrado e coas ideas claras.