Rafa Benítez agarda algunha fichaxe antes da visita do Real Madrid
Desde Italia din que a fichaxe de Gabri Veiga polo Nápoles está en punto morto
O Celta prolonga o descanso despois do primeiro punto sumado o sábado en Anoeta e con poucas novidades do mercado. Nas últimas horas fálase de Strand Larsen, que tería recibido unha oferta importante desde a Bundesliga. O Celta necesita comprar. Benítez lembrouno tras o partido coa Real Sociedade en que Iago Aspas volveu achegarse ao seu nivel, pero como dixera no seu día o de Moaña non pode ser a nai e o pai.
Mentres, desde Italia din que a fichaxe de Gabri Veiga polo Nápoles está en punto morto.
O empate conseguido no campo da Real Sociedade e a imaxe que deu no segundo tempo, botando man dunha defensa de cinco, vaille ben o Celta para recibir este venres o Real Madrid.
O Celta recibirá en modo centenario ó Real Madrid. Aproveitando o luns de descanso o capitán acudiu ó concerto de David Guetta, que pinchou o tema do seu gol e Castrelos coreou anticipando a súa estrea goleadora esta temporada.